Surya


   Benvido/as a Surya



Surya Centro de Terapias nace no ano 2011 coma  un espazo integral de benestar onde se unen diferentes tipos de terapias e masaxes  para axudarche a  mellorar a túa calidade de vida. Dispomos de salas tranquilas e seguras onde relaxarte, sentirte escoitad@, coidad@  e  poder expresarte con total liberdade para desconectar da trasfega diaria e descansar, conectando contigo mesm@, aquí e agora.

A  nosa filosofía  baséase en traballar arreo para ofrecerche sempre servizos coa máxima calidade e profesionalidade, o mellor trato personalizado, horarios flexibles e unha excelente relación calidade/ prezo para que a túa estadía con nós sexa  unha experiencia única e  te sintas coma na casa.



 En Surya atoparás as seguintes Terapias e Masaxes :

  • Terapia Gestalt. Sesións Individuais.
  • Sesións Individuais Anti-Estrés.
  • Terapia Hidrolinfa.
  • Terapia Jikiden Reiki.
  • Masaxe Ayurvédica.
  • Masaxe Ayurvédica Especial Embarazadas.
  • Masaxe Facial Kobido - Lifting Natural Xaponés.

Ademais se o prefires, tamén dispomos de servizo a domicilio.                                                            



TÍTULOS:

Terapeuta Gestáltico: Ano 2009.

 Formado na "Escuela de formación de Terapia Gestalt, Pañña". 
(Santiago de Compostela) 

Diploma oficial  de Terapeuta Gestáltico avalado pola AETG ( Asociación  española de terapia gestalt )  e  a  FEAP  ( Federación española de  asociaciones de psicoterapeutas )



 
Masaxista Ayurvédica: Ano 2011.

Formado na "Scuola Internazionale di Yoga e Ayurveda" co mestre Amadio Bianchi (Swami Suryananda Saraswati)



Terapeuta Jikiden Reiki: Nivel Shoden. Ano 2015.

Formado polos Shihan - Kaku  Eva e Jesus no seu centro oficial de Jikiden Reiki  en Vigo.

Título certificado polo Instituto Jikiden Reiki de Kioto.( Jikiden Reiki Kenkyukai )



 



                                          Francisco Portela.










Ningún comentario:

Publicar un comentario