Terapia Hidrolinfa


As sesións de Terapia Hidrolinfa duran á beira dunha hora, e a frecuencia  axústase á túa situación particular, para que pouco a pouco te vaias vendo e sentindo mellor.
Aquí abaixo che deixo información sobre o que é, como funciona e que beneficios lle suma a Hidrolinfa á túa saúde, aínda que o mellor modo de coñecela é vir probala, vivir a experiencia e que te convenzas por ti mesm@.


Que é a Hidrolinfa?

A hidrolinfa é unha metodoloxía correctiva das disfuncións bioenerxéticas do corpo humano que se caracteriza por determinar a súa estrutura en tres partes fundamentais e interdependentes: Orgánico, Psicolóxico, Bioenerxético.

Cando conectamos a Hidrolinfa facemos pasar corrente continua pola auga, e como consecuencia, o fluxo de electróns ioniza negativamente os seus átomos.

O sistema electrónico da Hidrolinfa , xunto coa condutividade da auga aumentada polo muriato de sodio (Sal Común), establece un campo electromagnético controlado, que de xeito programado, troca de polaridade e produce, de modo homoxéneo, a estimulación das células e centros nerviosos, que rexeitan o amoreamento de toxinas, o que orixina o equilibrio natural, proporcionando un benestar global.



Como funciona?

a) Ao conectarmos o equipo de saúde  HidroLinfa e pór o sal na auga, orixínase unha división molecular (H 2 0): hidróxeno e osíxeno. Asemade, fórmase un campo cargado de ións negativos. As canles dos poros poden ter carga positiva, negativa ou neutra. Nas canles positivas circulan  substancias e partículas negativas. Nas canles negativas circulan as substancias e partículas positivas. As canles neutras facilitan o paso dos nutrientes electroquímicos na procura dos potenciais de equilibrio entre as células. Este equilibrio electroquímico dáse por medio do diferencial de substancias ou polo diferencial de cargas.
Os poros miden preto de 50 a 80 nanómetros (nm) de diámetro, ocupando entre o 10% e o 30% da superficie da membrana celular. Polo medio dos poros acontece a pasaxe de substancias entre o citoplasma e mailo medio intracelular.

b) A través dos poros positivos pasan os ións negativos que permiten relaxar o organismo e tamén, equilibrar os campos alcalinos e neutralizar os ácidos. Cando un campo alcalino muda a campo ácido, desencadea as denominadas doenzas dexenerativas, como o cancro.


c) Para que o organismo estea saudable ten que manter un ph alcalino de 7,35 a 7,45.


pH 7,0 é a solución neutra.
pH inferior a 1-6 é a solución ácida.
pH superior a 8-14 é a solución alcalina (básica).


Táboa de pH do organismo humano :


Cuspe                                6,8 a 7,2


Sangue                              7,35 a 7.45


Ouriños                            4,8 a 8,0


Zumes gástricos            1,2 a 3,0


Zumes pancreáticos     7,1 a 8,2


Bile                                     7,6 a 8,6


Fluído vaxinal                3,5 a 4,5


Seme                                  7,2 a 7,6


d) Toxinas, radicais libres e impurezas linfáticas circulan polas canles dos poros negativos atraídos polo campo electromagnético. Os excesos desequilíbranse coma no caso dos radicais libres, que perden un electrón, ou sexa, a carga negativa , que queda apenas coa carga positiva , e por ese motivo, a eliminación fana as canles negativas.


e) O equipo de saúde HidroLinfa ten un sistema automático que troca de polaridade e produce un pulo electromagnético que soluciona calquera dificultade que exista , a nivel de tódalas canles e unións do Sistema de Reflexoloxía, Sistema Linfático, Sistema Circulatorio, Sistema Nervioso, Sistema Muscular, Sistema Esquelético, Meridianos e Centros Enerxéticos (Chacras).



Cales son os seus beneficios?

Estado de relaxación.
Equilibrio do pH.
Expulsión das toxinas, radicais libres e impurezas linfáticas.
Desobstrución dos sistemas e canles de enerxía.


Con todo o referido é doado entender porqué a terapia HidroLinfa trata todo o organismo, interferindo en tódalas doenzas e desequilibrios orgánicos, levándonos cara o  benestar total.


O texto explicativo foi extraído do libro oficial da Hidrolinfa. Se queres completar esta información podes consultalo pincando aquí.



Proceso dunha sesión Hidrolinfa:












        Máquina Hidrolinfa. 
Consta de : Aparato hidrolinfa , sensor e dúas placas unidas a dous cabos: un positivo e outro negativo.
 Cos pés na auga, colócanse as placas e mailo sensor para que a máquina poida comezar a traballar. 
Imos pondo o sal aos poucos, que actúa como condutor, para que a corrente que chegue ás placas  ionize a auga negativamente.
      Minuto 10
          Minuto 20
          Minuto 30
           Minuto 40 e fin da sesión

Ningún comentario:

Publicar un comentario